Cidadán Anónimo

2007-10-18

Coleccionista de bicos

Publicado na categoría: Sen clasificar, apoemas — xanninguen @ 5.38 pm

 beso-blanco.jpg

Coleccionista de bicos. 

 Boto de menos algúns bicos do pasado,

 Gustaríame coleccionalos.

Bicos de automóbil gris,

 Bicos de automóbil fronte ao mar,

 Bicos de automóbil sen automóbil.

Boto de menos algúns bicos.

Gustaríame pechalos nunha caixiña

Ao carón dun reloxo de area.

Area desa praia de seguidores de Cristo.

Boto de menos eses bicos,

 Bicos crucificados nun acantilado,

Bicos escravos da túa alma,

 Bicos de rúa civilizada,

 Bicos na terra de ninguén.

Boto de menos eses bicos do pasado,

 Bicos sabor a mar,

 Bicos sabor a cereixas,

 Bicos sabor cervexa,

Bicos sabor a ti,

Bicos sabor a min,

Bicos sabor a nada.

Bicos sabor a bicos.

Se os tivera todos na caixiña,

 E puidese abrila tódolos días,

 Nunca a fecharía.

Collería bicos de todo tipo,

Porque son un bulímico de bicos,

 Bicos de peregrino,

Bicos da nosa patria,

Bicos de rúas namoradas,

Bicos de media noite, Bicos do corazón que latexa,

 Bicos de alianza eterna.

Boto de menos algúns bicos do pasado,

 Gustaríame coleccionalos.

Dáme un bico.   

Chuzame! chuzame -

5 Responses to “Coleccionista de bicos”

  1. A Conxurada Says:

    Encantoume, e mándoche un dos meus mellores bicos, e advírtoche que son moi boa niso de bicar.

    Eu tamén quero coleccionar bicos, e sentimentos de cama, ou como eu os chamo sentimentos horizontais.

    Só unha preguntiña: como chegaches á miña conxura dos desexos?

  2. xanninguen Says:

    Ola conxurada perdoa o retraso, pero remato de averiguar como se publicaba un comentario.
    Cheguei a ti blogueando de blogue en blogue, creo que chegei ao través de selva de esmelle.
    Grazas polos bicos.

  3. X Says:

    Tamén eu boto de menos algúns bicos do pasado, con todo, ás veces, cerro os ollos e a miña boca recobra por segundos o sabor deses bicos xa idos.

  4. Mer Says:

    Encantóume este post. Na miña época de tolemia e flor-en-flor picaflor, coas miñas irmás
    poñíamoslle nome aos bicos que nos daban. Tal dame bicos de algodón (porque eran tenros
    e suaviños), tal outro bicos de “xelado” (non polo fríos, eran un pouco babosiños, coma
    se estivese comendo un xelado de cucurucho), bicos de nube, bicos de… os que máis me
    gustaban eran aqueles que eu chamaba bicos de mantequilla, eran suaves, húmidos e
    resbaladizos, uf, que ben bicaba aquel rapaciño.

  5. xanninguen Says:

    A quen lle amarga un doce!! Verdade? o que si me pergunto como dicía aquela canción de Victor Manuel “onde irán os bicos que non damos”

Leave a Reply

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress