O Vixiante 3
Estou con Manoel no coche vixiando un sospeitoso de conduta a-social, coma case todos foi denunciado por algún viciño, e coma case todos é unha falsa alarma, aínda que por motivos de propaganda o departamento obríganos a ter un índice de detención de catro individuos cada quincena, por iso Manoel está bastante inquieto hoxe, porque levamos xa trece días e só detivemos tres individuos, e se non cumprimos co cupo perdemos a prima salarial desta quincena, non fai máis que queixarse porque se non consigue a prima non lle poderá mercar unha nova I.M.G. ao seu fillo co último xogo virtual que tanto está de moda, “o queima libros” creo que lle chaman, a Manoel faille moita ilusión porque o protagonista do xogo e un controlador social que ten que ir rexistrando vivendas das distintas cidades do mundo libre requisando os libros prohibidos para despois levalos ao crematorio. ¿Canto vale I.M.G.?, lle pregunto para amosar unha certa interese na conversa, aínda que a min estas cousas non me parecen nada interesantes, mais ben me producen unha enorme indiferenza, pero hai que mostrar unha conduta social axeitada, teño que ter coidado con Manoel, porque aínda que sexa o meu compañeiro, sei que me ten por un bicho raro, e os dous sabemos que o departamento nos obriga a denunciar a un compañeiro sempre e cando pensamos que teña comportamentos estranos, e se por calquera motivo non o fas e logo amosa unha conduta pre-a social ou a-social, tamén che toca un curso de obrigatorio de seis meses cos psicólogos do endereitamento por cómplice. Dous centos Eulars, o sexa toda a prima quincenal ao tacho, me deu por soltarlle, ¿porqué ao tacho?, ¿non che parece unha boa inversión?, incluso paréceme que é pedagóxico para o neno, claro, claro... lle respondo eu, lamentando o comentario.
CONTINUARÁ
chuzame -