Cidadán Anónimo

2007-11-28

A Moral

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 6.16 pm

images.jpg

A ver fillo dime tes moitos pecadiños. Pois non sei pai non sei que dicirlle. A ver Manoliño ti xa tes unha idade e eu sei que tes pecadiños, a min non so mo podes dicir, senón que mo tes que dicir se queres estar en paz con Deus. Se me puidese dar unha pista, pai. Ti tócaste. ¿onde?. ¡Manoliño non me fagas o parvo, xa sabes ti onde!. ¡Dáme moita vergoña pai! ¿Tócaste ou non?. As veces. Ben iso está mellor,  e ¿vas ata o final?. Se pai ata o final. ¿E gústache?. Poiiiis... Contesta sen medo. Pois si. E ¿en que pensas, en homes ou en mulleres Manoliño?. En homes Pai. Mmmmmmmmmmmmmm. ¿Por que fai ese ruído pai?. Nada antes de absolverte teño que ver como te tocas para ver o teu nivel de pecado, ven comigo a sancristía Manoliño. Imos fechar con chave e agora baixa os pantalóns. A, xa a tes bastante grande para a túa idade, agora a ver que cha collo. ¿Pero Pai?. Nada non te preocupes so é para ver como o fas, fechas os ollos mentres eu cha collo e pensa no que che gusta mentres movo a man, caramba como medra, ¿gústache?. Moito Pai. Pai que xa me sae. Non te preocupes fillo deixa que saia augggggg. ¡Non abras os ollos! Vostede si que a ten grande. ¡Que peches os ollos!. Agora vaite para a casa e reza 10 aves marías, que remato de comprobar que o que fas e bastante pecaminoso. Adeus pai. E non contes nada do de hoxe so é entre ti, eu e Deus.¡Merda teño que cambiarme esta sotana está manchada!. Xa son as dez teño que facer a maleta para ir a Madrid esta noite, non sei onde teño a testa. E despois ir a reunión da diocese para rematar as pancartas que imos levar. Chaman á porta, xa debe ser Don Manuel.Boas tardes Don Mariano, Boas Eduardo, e logo Don Manuel. Nada como é moi maior e está moi canso decidiu deitarse cedo para resistir a viaxe e a manifestación de mañá. Claro, claro..Imos logo Don  Mariano. Imos.Que lle parece o lema da pancarta Don Mariano. “ En defensa da familia, Educación para a cidadanía non!”  ben esta moi ben, espero que estes socialistas do demo recapaciten e deixen estar as cousas como Deus manda.

Chuzame! chuzame -

creative commons license

Publicado na categoría: Creative commons license — xanninguen @ 5.22 pm


Creative Commons License

Esta obra está bajo una
licencia de Creative Commons.

Chuzame! chuzame -

2007-11-27

Ilusión

Publicado na categoría: apoemas — xanninguen @ 4.58 pm

playa.jpg

Na metade do tranquilo e falso camiño,

O corazón volta a latexar desbocado.

 Un intento do ego soterrado,

 Por voltar a xerminar no xardín da Ledicia.

 Esa xove e nervosa mirada,

 Tropezando co meu escéptico sorriso.

 Fan me crer de novo na vida.

 E soño con lonxanos universos,

Correndo cara un mar de harmonía,

 Sobre unha alfombra amarela,

 Os nosos dous corpos nus,

 Dúas mans que se enlazan,

 Xuntando dúas almas ceibes.

Mentres da miña boca medra a verba,

 LIBERDADE, LIBERDADE, LIBERDADE.

Chuzame! chuzame -

2007-11-26

O vixiante 13

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 4.57 pm

Son as once estou nervioso, collo a mochila cuns víveres dentro e unha muda de roupa e collo o libro do medo a liberdade de Fromm, séntome no sofá, miro o relexo da cociña, as once e cuarto baixará Simone para irnos xuntos, escapar do mundo libre, como sona isto, escapar do mundo libre, chaman á porta e ela está preciosa coma sempre tamén leva outra mochila e pergúntolle que libro escolleu ela, e contestame “1984” de Georges Orwell, eu díxenlle que non me fora doado escoller un libro, ela díxome que non me preocupase que fóra da cúpula había rumores de que existía un grupo de rebeldes, dos que na televisión dan por desaparecidos, que seguramente levarían no seu día un libro tamén cos que poderíamos intercambiar os nosos. Baixamos as escaleiras con moita precaución para que non nos oia a porteira, ten a televisión a todo volume, coma sempre cun concurso, xa estamos na rúa lévoa polo parque fóra das cámaras de control, só temos que cruzar o parque e xa daremos cunha das saídas da cúpula, imos da man, abrimos a porta saltan as alarmas corremos á máxima velocidade que nos permiten os pes,  xa estamos fóra do mundo libre, corremos, o meu corazón parece que vai estoupar dentro do meu peito, os cabelos de Simone voan á luz da lúa, ela sorrí, estou contento, son libre....

FIN

Chuzame! chuzame -

2007-11-22

O Vixiante 12

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 5.10 pm

Tes razón non ten ningún libro prohibido, pero non che parece sospeitoso que non teña nin televisión, nin un I.M.G., agora todo o mundo o ten, home non lle gustará ver a tele, ou ben terá un salario moi baixo, iso non é disculpa ata a túa porteira ten unha tele, de todos é ben sabido que agora o estado cha subvenciona , aquí hai algo que me cheira mal, estou dacordo coa túa porteira, bo non lle fagas caso é unha meiga  Manoel, non viches todos os manuais do estado que tiña, gustarálle ler máis que ver a tele, non dubidarás que son lecturas moi axeitadas, tes razón, ben teremos que buscar un asocial noutro sitio aquí estamos a perder o tempo e o tempo e ouro, o ouro da prima que queremos cobrar este mes lle argumento eu, apelando ao instinto egoísta do meu compañeiro.

CONTINUARÁ....

Chuzame! chuzame -

2007-11-20

O Vixiante 11

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 4.56 pm

Estou a preparar a cea para min e para Simone, o de sempre uns filetes de polo e uns iogures, mentres ela pon a televisión para que non se percate ninguén que estamos os dous no meu apartamento, as caixas dos libros están debaixo da miña cama, unha vez que pase a inspección voltarémolo a subir ao seu apartamento, pregúntolle se xa non lle queda ningún libro ilegal na casa, so me quedan os legais, ou sexa todos os manuais do estado “manual de urbanismo”, “manual da boa relixiosidade”, “manual do bo cidadán”, “manual da cociña transxénica”, “historia do mundo libre”, “Os enemigos do mundo libre”, “manual da guerra preventiva”, “manual para detectar a propaganda dos asociais”, “¿cómo delatar a un familiar querido?”, “¿cómo gañar nos concursos da tele?”, “¿cómo podo consumir máis?”...., abraiame que coñeza tantos manuais oficiais, incluso había algún que eu mesmo non coñecia, miramos a televisión, coma sempre o ditoso concurso, ía apagala cando me fixo nos concursantes, un deles era o rapaz que detivera Manoel, a introdución o describía coma un asasino e violador, encomezo a chorar, Simone abrázame, ¿non o sabías?, e todo mentira, son lectores, son asociais que non queren reformarse, queren ser libres, temos que irnos do mundo libre, non se pode lle contesto, ¿por qué?, por que se isto e salvaxe non quero imaxinarme como será fóra do mundo libre, non hai sociedade, son todos uns salvaxes, incluso din que a atmósfera está viciada fóra da cúpula de ozono, ¿cómo sabes todo isto?, pola televisión, pola información que me derón no traballo..., ben xa vexo onde queres chegar, é falsa, pénsao eu penso marchar a semana que ven, marcharei pola noite e cruzarei a cúpula, calqueira cousa é mellor que seguir vivindo así, levántase e vaise, ata mañá, espérote na inspeción.

Chuzame! chuzame -

2007-11-19

O Vixiante 10

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 4.51 pm

¿Qué tal coa viciña?, ¿Cando lle facemos a inspeción?, mañá se queres, lle contesto a Manoel, ¿é sospeitosa?, non, creo que non o é, pois que merda, pois mira que a túa porteira insiste en que si o é, non lle fagas caso a esa tola, se para ela todo mundo o é, incluído eu, de todos os xeitos a nosa obriga e facerlle unha inspeción e canto antes llela fagamos mellor, así esquecémonos do tema e buscamos outro sospeitoso que falta nos fai, a nosa prima está en xogo, ¡mira este, está pasándolle un libro!, berra Manoel, baixamos do coche correndo, el deten bruscamente ao rapaz que lle pasara un libro á rapaza que eu deteño, metémolos na furgona, e comprobamos o libro, “estado de sitio” de Camus, efectivamente está na lista negra, o levamos ao C.R.S., Manoel está contento a prima cada vez está máis cerca.

Chuzame! chuzame -

2007-11-15

O Vixiante 9

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 5.10 pm

Son as once da noite oio o televisor da porteira a todo gas e os seus berros de satisfacción cada vez que aniquilan a un concursante, aproveito para subir ao piso de arriba, estou en fronte da porta de Simone, latéxame o corazón a cen por hora, e se non é culpábel e me denuncia a min por querer encubrir a un hipotético asocial que non era, xa sei encomenzarei a conversa con calqueira desculpa, chamo a porta, oio pasos dentro do apartamento, pero tardan en abrir, abren con precaución, é Simone cun camisón azul, está preciosa, ¡ Oh , que sorpresa!, pase, pase, entro na súa morada, séntese Sr Fernández, ¿non virá para determe e levarme a un C.R.S.? non por suposto que non, lle digo coa voz tremilicando, ¿rematou os libros?, os libros..., quedo dubidando, pero enseguida me percato que é ela quen mos deixou, quen me deixou a nota, mirolle a cara, ela sorrí, si son eu, non me deterá agora, non xa sei que non, quedo mudo, dígolle que o motivo da miña visita era avisala, que dentro de dous días lle faremos unha inspección, ¡chut...!, me fai ela, cólleme da man e me leva á sá, levanta a alfombra, e acto seguido as táboas do parqué, penso na pouca orixinalidade que temos todos á hora de agochar os libros, e no doado que é para Manoel deter aos inxénuos coma nós, debaixo do parqué hai unha chea deles, encomenza a sacalos, hainos de todos os tamaños, cores, os ollos de Simone ilumínanse coma dous faros, e eu síntome coma un barco que en plena tormenta recupera o seu rumbo guiado por eles, vainos sacando un a un, e vaimos pasando, eu míroos un por un, “Política” de Aristóteles, “Estatismo e anarquía” de Bakunin, “Teses provisionais para a reforma da filosofía/principios da filosofía do futuro” de Feuerbach, “Crítica da razón pura” de Kant, “Miseria da filosofía” de Marx, “O Capital” de Marx, “Qué é a propiedade” de Proudhon, “O coñecemento humano” de Russell, “O individuo contra o Estado” de Spencer, “Utopía” de Thomas Moro, “Tratado Teológico-Político” de Spinoza, debemos metelos en caixas e baixalos ao meu apartamento para que cando che fagan a inspección non che atopen nada, vale, me di pero segue a pasarme libros, “O malestar da cultura” de Freud, “O quixote” de Cervantes, “1984” de Orwell, “Un mundo feliz” de Huxley, e veña libros, enchemos  cinco enormes caixas, hoxe baixaremos estas dúas e maná as outras tres para que poidas pasar a inspección, ela me abraza e me tira á cama, facía tanto tempo que non tiña contacto íntimo con ningúen.

CONTINUARÁ...

Chuzame! chuzame -

2007-11-13

O Vixiante 8

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 4.50 pm

De novo me atopo con Manoel está contento porque este mes conseguíu a prima, ensíname radiante o novo parte de sospeita dicindome que hoxe imos a un barrio moi coñecido, e tan coñecido que é o meu, cal é a miña sorpresa cando vexo que o parte é unha denuncia da miña porteira respecto a Simone, convenzo a Manoel de que para optimizar o noso traballo eu podería vixiar a Simone no meu tempo libre, xa que é a miña viciña, Manoel está encantado, todo sexa pola produtividade, me comenta, mentres ti vixías a Simone, eu podo vixiar a outros, pero  infórmasme todas as mañás das pesquisas e do día que ti estimes oportuno a inspección da súa vivenda, consinto coa testa, penso en Simone, en que xa me tarda falar con ela esta noite sen que se entere a condenada da porteira, penso na república de platón, na ética de spinoza e no medo da liberdade de fromm, na sede que teño por ler máis, no mundo que me rodea, na caverna na que me atopo e imaxínome escapando da man de Simone da escuridade cara a luz verdadeira sen ningún temor.

Chuzame! chuzame -

2007-11-12

O Vixiante 7

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 5.05 pm

Fágome o filete a prancha e dispóñome a comelo mentres vexo o televisor, hoxe encomeza un novo concurso encerrán a dez condenados a morte nun castelo sen saída cuns oito leóns famentos e a cada un deles lles firen nunha perna para que  haxa sangue e poña aínda máis nervosos aos leóns, pódese apostar dende a casa co comunicador polo que che parece a ti que é o que vai ser devorado de último, o castelo non ten portas nin fiestras, pero os concursantes non poden escapar das murallas do castelo, primeiro porque son moi altas, e segundo aínda que conseguisen saltalas xa hai gardas que se encargarían de voltar a chimpalos cara dentro do castelo, pareceme un concurso horríbel aínda que non me abraia moito,  vai na liña dos anteriores, aínda me lembro o da tempada pasada na que poñían aos concursantes nun gran estanque con pirañas e había que apostar cal era o último en ser devorado, estes concursos encántanlle a porteira, sempre a oio oubear, e teñoa visto cuspir á pantalla do televisor as migas do seu bocadillo berrando “comede a ese fillo de puta”,  segundo a propaganda previa ao espectáculo eran persoas condeadas a morte por crímenes horríbeis e para demostaralo pasaban unha sinistra biografía do condenado con recreacións dramáticas dos distintos crimes realizados, quito o televisor, non o soporto máis, como os iogures, oio un bruído nas escaleiras, levántome cara a porta e vexo  que introducen un papel  por debaixo dela, abroa con coidado pero xa non hai ninguén no descanso, miro a folla é unha nota, “deixeiche tres libros para encomezar, se os rematas pode haber máis"” estou nervoso quen me puido deixar a nota, esta mesma noite empezo a ler.

CONTINUARÁ....

Chuzame! chuzame -

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress