Cidadán Anónimo

2007-11-12

O Vixiante 7

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 5.05 pm

Fágome o filete a prancha e dispóñome a comelo mentres vexo o televisor, hoxe encomeza un novo concurso encerrán a dez condenados a morte nun castelo sen saída cuns oito leóns famentos e a cada un deles lles firen nunha perna para que  haxa sangue e poña aínda máis nervosos aos leóns, pódese apostar dende a casa co comunicador polo que che parece a ti que é o que vai ser devorado de último, o castelo non ten portas nin fiestras, pero os concursantes non poden escapar das murallas do castelo, primeiro porque son moi altas, e segundo aínda que conseguisen saltalas xa hai gardas que se encargarían de voltar a chimpalos cara dentro do castelo, pareceme un concurso horríbel aínda que non me abraia moito,  vai na liña dos anteriores, aínda me lembro o da tempada pasada na que poñían aos concursantes nun gran estanque con pirañas e había que apostar cal era o último en ser devorado, estes concursos encántanlle a porteira, sempre a oio oubear, e teñoa visto cuspir á pantalla do televisor as migas do seu bocadillo berrando “comede a ese fillo de puta”,  segundo a propaganda previa ao espectáculo eran persoas condeadas a morte por crímenes horríbeis e para demostaralo pasaban unha sinistra biografía do condenado con recreacións dramáticas dos distintos crimes realizados, quito o televisor, non o soporto máis, como os iogures, oio un bruído nas escaleiras, levántome cara a porta e vexo  que introducen un papel  por debaixo dela, abroa con coidado pero xa non hai ninguén no descanso, miro a folla é unha nota, “deixeiche tres libros para encomezar, se os rematas pode haber máis"” estou nervoso quen me puido deixar a nota, esta mesma noite empezo a ler.

CONTINUARÁ....

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress