O Vixiante 8
De novo me atopo con Manoel está contento porque este mes conseguíu a prima, ensíname radiante o novo parte de sospeita dicindome que hoxe imos a un barrio moi coñecido, e tan coñecido que é o meu, cal é a miña sorpresa cando vexo que o parte é unha denuncia da miña porteira respecto a Simone, convenzo a Manoel de que para optimizar o noso traballo eu podería vixiar a Simone no meu tempo libre, xa que é a miña viciña, Manoel está encantado, todo sexa pola produtividade, me comenta, mentres ti vixías a Simone, eu podo vixiar a outros, pero infórmasme todas as mañás das pesquisas e do día que ti estimes oportuno a inspección da súa vivenda, consinto coa testa, penso en Simone, en que xa me tarda falar con ela esta noite sen que se entere a condenada da porteira, penso na república de platón, na ética de spinoza e no medo da liberdade de fromm, na sede que teño por ler máis, no mundo que me rodea, na caverna na que me atopo e imaxínome escapando da man de Simone da escuridade cara a luz verdadeira sen ningún temor.
chuzame -