O Vixiante 9
Son as once da noite oio o televisor da porteira a todo gas e os seus berros de satisfacción cada vez que aniquilan a un concursante, aproveito para subir ao piso de arriba, estou en fronte da porta de Simone, latéxame o corazón a cen por hora, e se non é culpábel e me denuncia a min por querer encubrir a un hipotético asocial que non era, xa sei encomenzarei a conversa con calqueira desculpa, chamo a porta, oio pasos dentro do apartamento, pero tardan en abrir, abren con precaución, é Simone cun camisón azul, está preciosa, ¡ Oh , que sorpresa!, pase, pase, entro na súa morada, séntese Sr Fernández, ¿non virá para determe e levarme a un C.R.S.? non por suposto que non, lle digo coa voz tremilicando, ¿rematou os libros?, os libros..., quedo dubidando, pero enseguida me percato que é ela quen mos deixou, quen me deixou a nota, mirolle a cara, ela sorrí, si son eu, non me deterá agora, non xa sei que non, quedo mudo, dígolle que o motivo da miña visita era avisala, que dentro de dous días lle faremos unha inspección, ¡chut...!, me fai ela, cólleme da man e me leva á sá, levanta a alfombra, e acto seguido as táboas do parqué, penso na pouca orixinalidade que temos todos á hora de agochar os libros, e no doado que é para Manoel deter aos inxénuos coma nós, debaixo do parqué hai unha chea deles, encomenza a sacalos, hainos de todos os tamaños, cores, os ollos de Simone ilumínanse coma dous faros, e eu síntome coma un barco que en plena tormenta recupera o seu rumbo guiado por eles, vainos sacando un a un, e vaimos pasando, eu míroos un por un, “Política” de Aristóteles, “Estatismo e anarquía” de Bakunin, “Teses provisionais para a reforma da filosofía/principios da filosofía do futuro” de Feuerbach, “Crítica da razón pura” de Kant, “Miseria da filosofía” de Marx, “O Capital” de Marx, “Qué é a propiedade” de Proudhon, “O coñecemento humano” de Russell, “O individuo contra o Estado” de Spencer, “Utopía” de Thomas Moro, “Tratado Teológico-Político” de Spinoza, debemos metelos en caixas e baixalos ao meu apartamento para que cando che fagan a inspección non che atopen nada, vale, me di pero segue a pasarme libros, “O malestar da cultura” de Freud, “O quixote” de Cervantes, “1984” de Orwell, “Un mundo feliz” de Huxley, e veña libros, enchemos cinco enormes caixas, hoxe baixaremos estas dúas e maná as outras tres para que poidas pasar a inspección, ela me abraza e me tira á cama, facía tanto tempo que non tiña contacto íntimo con ningúen.
CONTINUARÁ...
chuzame -