O Vixiante 10
¿Qué tal coa viciña?, ¿Cando lle facemos a inspeción?, mañá se queres, lle contesto a Manoel, ¿é sospeitosa?, non, creo que non o é, pois que merda, pois mira que a túa porteira insiste en que si o é, non lle fagas caso a esa tola, se para ela todo mundo o é, incluído eu, de todos os xeitos a nosa obriga e facerlle unha inspeción e canto antes llela fagamos mellor, así esquecémonos do tema e buscamos outro sospeitoso que falta nos fai, a nosa prima está en xogo, ¡mira este, está pasándolle un libro!, berra Manoel, baixamos do coche correndo, el deten bruscamente ao rapaz que lle pasara un libro á rapaza que eu deteño, metémolos na furgona, e comprobamos o libro, “estado de sitio” de Camus, efectivamente está na lista negra, o levamos ao C.R.S., Manoel está contento a prima cada vez está máis cerca.
chuzame -
2007-11-19 at 7.30 pm
Está verdadeiramente interesante, procuro non ler nuns días para así ter máis que ler dun
golpe,jeje.
De verdade, boísimo.
2007-11-20 at 12.23 pm
Agradecida pola visita pase sempre que guste eu seguirei a crónica que semella interesante…
Unha aperta.

2007-11-28 at 5.01 pm
Grazas as dúas polo cumprimentos, non se merecen, pero grazas de todos os xeitos. Bicos.