O Vixiante 11
Estou a preparar a cea para min e para Simone, o de sempre uns filetes de polo e uns iogures, mentres ela pon a televisión para que non se percate ninguén que estamos os dous no meu apartamento, as caixas dos libros están debaixo da miña cama, unha vez que pase a inspección voltarémolo a subir ao seu apartamento, pregúntolle se xa non lle queda ningún libro ilegal na casa, so me quedan os legais, ou sexa todos os manuais do estado “manual de urbanismo”, “manual da boa relixiosidade”, “manual do bo cidadán”, “manual da cociña transxénica”, “historia do mundo libre”, “Os enemigos do mundo libre”, “manual da guerra preventiva”, “manual para detectar a propaganda dos asociais”, “¿cómo delatar a un familiar querido?”, “¿cómo gañar nos concursos da tele?”, “¿cómo podo consumir máis?”...., abraiame que coñeza tantos manuais oficiais, incluso había algún que eu mesmo non coñecia, miramos a televisión, coma sempre o ditoso concurso, ía apagala cando me fixo nos concursantes, un deles era o rapaz que detivera Manoel, a introdución o describía coma un asasino e violador, encomezo a chorar, Simone abrázame, ¿non o sabías?, e todo mentira, son lectores, son asociais que non queren reformarse, queren ser libres, temos que irnos do mundo libre, non se pode lle contesto, ¿por qué?, por que se isto e salvaxe non quero imaxinarme como será fóra do mundo libre, non hai sociedade, son todos uns salvaxes, incluso din que a atmósfera está viciada fóra da cúpula de ozono, ¿cómo sabes todo isto?, pola televisión, pola información que me derón no traballo..., ben xa vexo onde queres chegar, é falsa, pénsao eu penso marchar a semana que ven, marcharei pola noite e cruzarei a cúpula, calqueira cousa é mellor que seguir vivindo así, levántase e vaise, ata mañá, espérote na inspeción.
chuzame -
2007-11-20 at 7.34 pm
Mensaxe do mundo preso: aquí hai zonas onde se pode ler o que a un lle pete, mais iso non é garante de que se lea en realidade…
2007-11-21 at 1.58 pm
Liberarse non é doado