Cidadán Anónimo

2007-11-26

O vixiante 13

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 4.57 pm

Son as once estou nervioso, collo a mochila cuns víveres dentro e unha muda de roupa e collo o libro do medo a liberdade de Fromm, séntome no sofá, miro o relexo da cociña, as once e cuarto baixará Simone para irnos xuntos, escapar do mundo libre, como sona isto, escapar do mundo libre, chaman á porta e ela está preciosa coma sempre tamén leva outra mochila e pergúntolle que libro escolleu ela, e contestame “1984” de Georges Orwell, eu díxenlle que non me fora doado escoller un libro, ela díxome que non me preocupase que fóra da cúpula había rumores de que existía un grupo de rebeldes, dos que na televisión dan por desaparecidos, que seguramente levarían no seu día un libro tamén cos que poderíamos intercambiar os nosos. Baixamos as escaleiras con moita precaución para que non nos oia a porteira, ten a televisión a todo volume, coma sempre cun concurso, xa estamos na rúa lévoa polo parque fóra das cámaras de control, só temos que cruzar o parque e xa daremos cunha das saídas da cúpula, imos da man, abrimos a porta saltan as alarmas corremos á máxima velocidade que nos permiten os pes,  xa estamos fóra do mundo libre, corremos, o meu corazón parece que vai estoupar dentro do meu peito, os cabelos de Simone voan á luz da lúa, ela sorrí, estou contento, son libre....

FIN

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “O vixiante 13”

  1. Doutora Seymour Says:

    Mensaxe do mundo preso: “Agora, imos río arriba- dixo George-. E teñamos presente unha cousa: non somos importantes. Non somos nada. Algún día, a carga que levamos con nós pode axudar a algúen. Pero incluso cando tiñamos os libros na man, moito tempo atrás, non utilizamos o que sacábamos deles…”

    Benvidos….

    (Encantoume ese final cunha liberdade en puntos suspensivos…)

  2. xanninguen Says:

    Grazas pola visita Doutora Seymour e encantado de compartir contigo este contiño.

  3. A Conxurada Says:

    Así que rematou…é unha pena, eu quería saber máis.

Leave a Reply

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress