Ilusión

Na metade do tranquilo e falso camiño,
O corazón volta a latexar desbocado.
Un intento do ego soterrado,
Por voltar a xerminar no xardín da Ledicia.
Esa xove e nervosa mirada,
Tropezando co meu escéptico sorriso.
Fan me crer de novo na vida.
E soño con lonxanos universos,
Correndo cara un mar de harmonía,
Sobre unha alfombra amarela,
Os nosos dous corpos nus,
Dúas mans que se enlazan,
Xuntando dúas almas ceibes.
Mentres da miña boca medra a verba,
LIBERDADE, LIBERDADE, LIBERDADE.
chuzame -
2007-11-27 at 11.02 pm
Precioso, eso é algo que moitos sentimos e pedimos que siga sendo así de por vida, e é tamén un sentir que nos fai dubidar, e que albergemos un medo atroz a que isto pode rematar.Venme unha cita á cabeza agora mesmo e como eu son incapaz de calar, ahí vai:¨Auferat hora;Duos eadem¨(que morrámolos dous ó mesmo tempo). Bicos e perdoa si é un pouco tétrica.
2007-11-28 at 4.56 pm
Grazas pola visita Ángeles, e non teño nada que perdoar eiquí en cidadán anónimo todo o mundo é libre de dicer o que lle pete, para nada me parece tétrico, o único cecais errado, porque podemos morrer ao mesmo tempo pero nunca acompañados.