Cidadán Anónimo

2008-01-31

Blogueando III

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 5.24 pm

 images3.jpg

 

Levaba tres días acudindo ao blogue para ver se respostara ao meu comentario, pero nada. Empecei a pensar que debería deixar de ir a el e de feito así o fixen. E cando case tiña esquecido o tema, un día ao abrir o meu correo electrónico vin un correo. O remitente era alterego@hotmail.com e o asunto era comentario. Abrín o correo, dicía, "Manuel, que é da túa vida, cando pensas ir mira o blogue xa che puxen un posto novo. Estaba moi nervoso, non contaba con isto outra vez, volver as andadas, estiven debaténdome se ir ou non ao blogue, estaba tan aturdido que ata Catalina se percatou de que algo non ía ben cando viu deixar uns papeis enriba do escritorio-Que che pasa estás moi pálido- Nada so que non me atopo moi ben, estou canso do traballo, xa sabes o de sempre- Lle contestei pechando o correo electrónico- Bueno pois non te preocupes eu vou para á cama-Eu irei agora lle dixen mentres tecleaba o enderezo do  blogue na casilla do enderezo.

Alí estaba o posto novo, titulábase Catalina versus Alba, e empezaba así

Estimado Manuel,

Eu non casei, vivín uns anos con Alba, si eu atrevinme como podes ver, e foi marabillos, agotador iso si, pero ti xa o sabes, desbordaba creatividade, tanto creaba unha canción como rodaba unha curta metraxe, ou facía poesía. Ela era así. Seguínlle o ritmo ata que a ingresaron por esquizofrenia, iso si grazas a ela son o que son agora, un artista polifacético, todo o que soñaches ti en ser, eu sónno.

En canto a Catalina, so sei que casou cun comercial de telefonía móbil, creo que lle vai bastante ben se o miramos dende un prisma "pequeno burgués", Duplex con hipoteca, dous coches, can, dous fillos..... Mais ou menos coma a vida que tes ti agora.

Chuzame! chuzame -

2008-01-28

Blogueando II

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 6.04 pm

Fixen o ridículo espantoso, cheguei e discutín coa informática. Négasmo,sempre te riches de min cos compañeiros de traballo, négasmo estou seguro de que fuches ti que creou ese blogue para rirte unha vez mais ao tu gusto. Fixen o ridículo ata lle obriguei a teclear o nome do blogue en google e non saia nada, ningunha páxina, quedoume a cara a cadros e non me estraña. Xa me tiñan por unha persoa rara, e agora confírmase coa miña atitude. Pedinlle desculpas, pero o mal xa estaba feito. No descanso do café fun correndo a un ciber e tecleei o nome do blogue e cal foi a surpresa que saíu o blogue co mesmo posto de onte, non acreditaba o que estaba a ver, pensaba que estaba toleando, a verdade é que tivera antecedentes na familia, ao mellor é unha esquizofrenia e isto é unha alucinación perceptiva. Non sei. Mirei ao meu redor, á miña dereita había unha rapariga nova duns dezaseis anos aproximadamente baixando música no seu mp3, no lugar de estar no instituto, e á miña esquerda so había un home duns corenta e moitos anos mirando páxinas pornográficas. Volvín a mirar a pantalla do ordenador e dispúxenme a escribir un comentario.  Coñeciches a Alba e a Catalina na universidade, se é así con cal casaches?

Evidentemente na miña dimensión eu casara con Catalina, pero estivera coas dúas ao mesmo tempo ao longo duns meses, por despeito, por que Catalina tamén nesa época estivera a tontear con Gabriel, pero ao final non me atrevín a quedarme con Alba, porque era unha persoa moi sensíbel, mo especial e inestábel. Dunha intelixencia creativa impresionante, capábel de o dar todo, sen pedir nada a cambio, de entregarse ao amor dun xeito que incluso asustaba, e asusteime, tivera medo de non dar a talla diante dunha persoa dese calibre e como xa se intentara suicidar no seu día por razóns espirituais, abandoneina por Catalina que era menos complexa.

Quería saber o que fixo o meu alter ego.

É hora de voltar ao café, voume

CONTINUARÁ......

Chuzame! chuzame -

2008-01-22

Blogueando

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 5.24 pm

 images2.jpg

Hoxe non sabía que pór no meu blogue e estiven a pasexar pola rede lendo os blogues habituais, diso que vas dun blogue a outro, ligazón a ligazón, tiro porque me toca.

Ía apagar todo, xa se fixera moi tarde, cando vin unha ligazón que me chamou a atención, "son ti noutra dimensión" e fixen clik nela. Cal foi a surpresa, no apartado de discrición había unha foto e era eu, sen barba pero era eu, non mo podía crer, tiña que ser unha brincadeira dalgún compañeiro de traballo, ía dicir dalgún amigo pero, diso non teño (non teño habilidades sociais para iso), e os meus parentes non teñen acceso á rede...

Seguín a ler no blogue, o último posto fóra publicado hoxe mesmo, soamente uns minutos antes de entrar nel, para ser máis exactos dez minutos,  titulábase Benvido Manuel, e dicía "Ola Manuel, si, é certo son ti, pero noutra dimensión. Non teñas medo, tes que sentirte afortunado, ningúen en ningures puido endexamais contactar co seu alter ego doutra dimensión. Tamén teño 39 anos e por suposto me chamo Manuel espero novas túas, pergúntame o que queiras no apartado dos comentarios e eu contestareiche encantado ás mesmas"

Non había máis postos, nin ningún comentario. Estaba abraido, ten que ser unha brincadeira da informática do traballo, mañá falo con ela.

CONTINUARÁ

Chuzame! chuzame -

2008-01-15

A carreira

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 5.38 pm

images1.jpg

Coma cada domingo ía co meu fillo de  6 anos  a mercar a prensa e o pan, case chegando ao noso destino pídeme que lle bote unha carreira. Gústalle moito competir, e sobre todo gañar e eu accedo a satisfacer ambas necesidades, competir e gañar, aínda que sempre llo poño difícil, para que se teña que esforzar e xusto no último momento  da carreira déixolle gañar. Ao rematar a competición deste domingo, non puiden evitar pensar no meu pai, porque eu tamén lle pedía de neno que correse comigo e el nalgunha ocasión tamén satisfacía a miña necesidade de competir e gañar. ¡Curioso! Como ese desexo se repite ao través das xeracións , fillos que lles piden aos seus pais que corran, intuíndo de antemán que van gañar a carreira e nembargantes mantendo unha certa emoción derivada dunha  mínima posibilidade de perder. Mentres o proxenitor nalgunhas das carreiras ten  a tentación de gañar, aínda que no último momento cede e deixa que o gañador sexa o fillo. Un día quizais deberíamos deixar de perder para que eles gañen en realidade, pero no último momento sempre freamos e pensamos que o  mellor e deixalo  para a próxima vez.

Chuzame! chuzame -

2008-01-04

Medio camiño

Publicado na categoría: apoemas — xanninguen @ 2.35 pm

images.jpg

Medio camiño de toxos,

Percorrendo está a miña alma.

Medio camiño de lama,

Enxoita, polo tórrido sol.

Medio camiño, por sorte.

Por desgraza, Medio camiño.

Camiño trazado feito polasRodas

dos carros doutros bois.

Mestura de ledicia e dor,

Verte, en tantos rostros, e verte,

Sen poder gozarte,

Escapando da miña vontade.

Indecisións, inseguridade, covardía.

Diagnoses que desculpan a parálise.

Coma un neno desvalido,

Sento como se vai a calor,

 A tenrura, o bico, o abrazo, os latexos,

En definitiva a razón da miña existencia. 

Chuzame! chuzame -

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress