Medio camiño
Medio camiño de toxos,
Percorrendo está a miña alma.
Medio camiño de lama,
Enxoita, polo tórrido sol.
Medio camiño, por sorte.
Por desgraza, Medio camiño.
Camiño trazado feito polasRodas
dos carros doutros bois.
Mestura de ledicia e dor,
Verte, en tantos rostros, e verte,
Sen poder gozarte,
Escapando da miña vontade.
Indecisións, inseguridade, covardía.
Diagnoses que desculpan a parálise.
Coma un neno desvalido,
Sento como se vai a calor,
A tenrura, o bico, o abrazo, os latexos,
En definitiva a razón da miña existencia.
chuzame - 
2008-01-05 at 11.29 pm
Feliz Noite Máxica!!!
Feliz Ano Novo!!!.
Unha aperta.

2008-01-06 at 3.09 pm
Muito obrigado,
E o mesmo digo.
2008-01-11 at 2.29 am
Fermoso poema, quen non percorreu nunca ese medio camiño non sabe o que é o amor, nin a dor,…. nin a vida.