Cidadán Anónimo

2008-01-15

A carreira

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 5.38 pm

images1.jpg

Coma cada domingo ía co meu fillo de  6 anos  a mercar a prensa e o pan, case chegando ao noso destino pídeme que lle bote unha carreira. Gústalle moito competir, e sobre todo gañar e eu accedo a satisfacer ambas necesidades, competir e gañar, aínda que sempre llo poño difícil, para que se teña que esforzar e xusto no último momento  da carreira déixolle gañar. Ao rematar a competición deste domingo, non puiden evitar pensar no meu pai, porque eu tamén lle pedía de neno que correse comigo e el nalgunha ocasión tamén satisfacía a miña necesidade de competir e gañar. ¡Curioso! Como ese desexo se repite ao través das xeracións , fillos que lles piden aos seus pais que corran, intuíndo de antemán que van gañar a carreira e nembargantes mantendo unha certa emoción derivada dunha  mínima posibilidade de perder. Mentres o proxenitor nalgunhas das carreiras ten  a tentación de gañar, aínda que no último momento cede e deixa que o gañador sexa o fillo. Un día quizais deberíamos deixar de perder para que eles gañen en realidade, pero no último momento sempre freamos e pensamos que o  mellor e deixalo  para a próxima vez.

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “A carreira”

  1. afrodite Says:

    Muito obrigada pela visita e também pela oportunidade de aqui voltar. Sempre um grande prazer

  2. Doutora Seymour Says:

    Hoxe hai moitos fillos afeitos a non perder xamais, quizais teriamos que tomarnos máis en serio que a “próxima vez “igual é tarde demais para aprender certas leccións. Non se trata de traumatizar se non de facer entender.

  3. afrodite Says:

    Passa pelo meu blog.(19 de Janeiro)

    Um beijo

Leave a Reply

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress