Blogueando
Hoxe non sabía que pór no meu blogue e estiven a pasexar pola rede lendo os blogues habituais, diso que vas dun blogue a outro, ligazón a ligazón, tiro porque me toca.
Ía apagar todo, xa se fixera moi tarde, cando vin unha ligazón que me chamou a atención, "son ti noutra dimensión" e fixen clik nela. Cal foi a surpresa, no apartado de discrición había unha foto e era eu, sen barba pero era eu, non mo podía crer, tiña que ser unha brincadeira dalgún compañeiro de traballo, ía dicir dalgún amigo pero, diso non teño (non teño habilidades sociais para iso), e os meus parentes non teñen acceso á rede...
Seguín a ler no blogue, o último posto fóra publicado hoxe mesmo, soamente uns minutos antes de entrar nel, para ser máis exactos dez minutos, titulábase Benvido Manuel, e dicía "Ola Manuel, si, é certo son ti, pero noutra dimensión. Non teñas medo, tes que sentirte afortunado, ningúen en ningures puido endexamais contactar co seu alter ego doutra dimensión. Tamén teño 39 anos e por suposto me chamo Manuel espero novas túas, pergúntame o que queiras no apartado dos comentarios e eu contestareiche encantado ás mesmas"
Non había máis postos, nin ningún comentario. Estaba abraido, ten que ser unha brincadeira da informática do traballo, mañá falo con ela.
CONTINUARÁ
chuzame -
2008-01-24 at 11.09 pm
Que intriga!!!.
Xa contarás en que da o asunto…
Unha aperta.

2008-01-25 at 7.46 pm
Eu faria-lhe perguntas, miles, e vanais, que som as que mais informaçom contenhem…
2008-01-27 at 9.14 pm
Eu como Marinha quedei intrigada, espero a próxima entrega.