Blogueando II
Fixen o ridículo espantoso, cheguei e discutín coa informática. Négasmo,sempre te riches de min cos compañeiros de traballo, négasmo estou seguro de que fuches ti que creou ese blogue para rirte unha vez mais ao tu gusto. Fixen o ridículo ata lle obriguei a teclear o nome do blogue en google e non saia nada, ningunha páxina, quedoume a cara a cadros e non me estraña. Xa me tiñan por unha persoa rara, e agora confírmase coa miña atitude. Pedinlle desculpas, pero o mal xa estaba feito. No descanso do café fun correndo a un ciber e tecleei o nome do blogue e cal foi a surpresa que saíu o blogue co mesmo posto de onte, non acreditaba o que estaba a ver, pensaba que estaba toleando, a verdade é que tivera antecedentes na familia, ao mellor é unha esquizofrenia e isto é unha alucinación perceptiva. Non sei. Mirei ao meu redor, á miña dereita había unha rapariga nova duns dezaseis anos aproximadamente baixando música no seu mp3, no lugar de estar no instituto, e á miña esquerda so había un home duns corenta e moitos anos mirando páxinas pornográficas. Volvín a mirar a pantalla do ordenador e dispúxenme a escribir un comentario. Coñeciches a Alba e a Catalina na universidade, se é así con cal casaches?
Evidentemente na miña dimensión eu casara con Catalina, pero estivera coas dúas ao mesmo tempo ao longo duns meses, por despeito, por que Catalina tamén nesa época estivera a tontear con Gabriel, pero ao final non me atrevín a quedarme con Alba, porque era unha persoa moi sensíbel, mo especial e inestábel. Dunha intelixencia creativa impresionante, capábel de o dar todo, sen pedir nada a cambio, de entregarse ao amor dun xeito que incluso asustaba, e asusteime, tivera medo de non dar a talla diante dunha persoa dese calibre e como xa se intentara suicidar no seu día por razóns espirituais, abandoneina por Catalina que era menos complexa.
Quería saber o que fixo o meu alter ego.
É hora de voltar ao café, voume
CONTINUARÁ......
chuzame -
2008-01-30 at 9.19 pm
pois esperaremos a ver con cal casou o alter ego.