Blogueando III
Levaba tres días acudindo ao blogue para ver se respostara ao meu comentario, pero nada. Empecei a pensar que debería deixar de ir a el e de feito así o fixen. E cando case tiña esquecido o tema, un día ao abrir o meu correo electrónico vin un correo. O remitente era alterego@hotmail.com e o asunto era comentario. Abrín o correo, dicía, "Manuel, que é da túa vida, cando pensas ir mira o blogue xa che puxen un posto novo. Estaba moi nervoso, non contaba con isto outra vez, volver as andadas, estiven debaténdome se ir ou non ao blogue, estaba tan aturdido que ata Catalina se percatou de que algo non ía ben cando viu deixar uns papeis enriba do escritorio-Que che pasa estás moi pálido- Nada so que non me atopo moi ben, estou canso do traballo, xa sabes o de sempre- Lle contestei pechando o correo electrónico- Bueno pois non te preocupes eu vou para á cama-Eu irei agora lle dixen mentres tecleaba o enderezo do blogue na casilla do enderezo.
Alí estaba o posto novo, titulábase Catalina versus Alba, e empezaba así
Estimado Manuel,
Eu non casei, vivín uns anos con Alba, si eu atrevinme como podes ver, e foi marabillos, agotador iso si, pero ti xa o sabes, desbordaba creatividade, tanto creaba unha canción como rodaba unha curta metraxe, ou facía poesía. Ela era así. Seguínlle o ritmo ata que a ingresaron por esquizofrenia, iso si grazas a ela son o que son agora, un artista polifacético, todo o que soñaches ti en ser, eu sónno.
En canto a Catalina, so sei que casou cun comercial de telefonía móbil, creo que lle vai bastante ben se o miramos dende un prisma "pequeno burgués", Duplex con hipoteca, dous coches, can, dous fillos..... Mais ou menos coma a vida que tes ti agora.
chuzame -
2008-02-25 at 2.42 pm
Pensei que entrara noutra páxina, co cambio de look…
Unha aperta.
