Blogueando V
Intentei voltar ao blogue do "alter ego" pero por moito que tecleara o enderezo en google non saia nada. Desapareceu como por arte de maxia, coma se nunca existira, ata dubidei de que todo fose real, de que ao mellor todo fora froito do meu maxín. Pero non había máis que mirar a cara de xenreira que me botaba a compañeira de traballo coa que discutira aquel día para confirmar que todo fora moi real.
Entón cando xusto ía empezar a traballar, que por certo hora ía sendo, empezou a sonar o meu móbil, era un número fixo sonábame moito ese número, pero a priori non sabía de quen podía ser, ata que merda, dínme conta que era o de Alba, ao que estivera chamando o outro día de xeito compulsivo e colgaba, e foi cando me din de conta do idiota que fora ao chamala dende o meu móbil, o seu teléfono debía de ter un rexistro de chamanda viu as chamadas perdidas (unhas doce creo), e claro está a chamar para sabe de quen son...
Non sei que facer collo, si debería collelo, non non o collo, seguro que desiste e xa non chama mais, pensa que foi un erro e xa non chama mais. Ben parou de sonar. O meu corazón latexa a toda velocidade, estou a suar, vou traballar....
Estaba mergullado no traballo, xa tiña conseguido esquecer o mal trago que pasara co móbil cando, merda voltou a sonar, mirei con desconfianza a pantalla, e suspirei puña Catalina, collín o teléfono..
- Coma tardaches tanto en coller o teléfono?
- Estaba liado co traballo.
- Atópaste ben, noto a túa voz temblorosa.
- Nada o estrés.
- Nada dicirche que vou chegar tarde esta noite, teño que ir á casa dos meus pais á miña nai está de novo enferma.
- Vaia síntoo, pois nada cearei sen ti, bicos.
Acto seguido voltou a sonar o móbil, merda e o número de Alba.....
CONTINUARÁ.....
chuzame -