Cidadán Anónimo

2008-03-10

BLOGUEANDO IV

Publicado na categoría: Sen clasificar — xanninguen @ 5.52 pm

 images.jpg

Levo todo día sen poder concentrarme, pensando no posto do alter ego, estou mal por dentro coma se as miñas entrañas estiveran a pelexar cunha besta que insiste en facerme sentir mal, e eu intento fuxir deses sentementos, pero cada pouco volven ao ataque e non me podo librar deles. Unha verba non para de repetirse misturándose con imaxes da miña vida,  discutindo coa miña muller por culpa do estrés e da familia,  a merda que trago no meu traballo cada vez que tiro os meus valores ao lixo coa desculpa da hipoteca, o abandono de calquera actividade creativa dende hai varios quinquenios, a verba non para de repetirse "fracaso", "fracaso", "fracaso".... e entón a besta volve a roer as miñas entrañas.

E penso nela, como a abandonei por covarde, como me fun ao cómodo, ao seguro, ao estábel. Non me quería ariscar, e o que non arisca non gaña. Pensei no que me dixera  o alter ego de que rematara nun psiquiátrico, pensei no día en que tomamos a substancia prohibida e nos puxemos a rir todo o santo día. Entón foi cando pensei en averiguar o que fóra dela, nesta dimensión.

Encomezo a teclear os seus apelidos e nome nas páxinas amarelas e alí estáe   o seu teléfono, estou nervoso,   apuntoo nun pedazo de papel que gardo no moedeiro da carteira mirando a esquerda e dereita vixiando que ninguén me mirase, coma se estivera a facer unha actividade delictiva. Descolgo e colgo o teléfono unha ducia de veces sen marcar o número, parezo un obsesivo compulsivo, non me atrevo, tereino que deixar para outro día...

CONTINUARÁ

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress