BLOGUEANDO E FIN
Querido Manuel,
Non te quero ver, formas parte do pasado, doutra Alba que xa non son. Cando chamaches deixáchesme desconcertada, viñéronme moitos pensamentos aos miolos, como aquel día que me dixeches, que me insinuaches, que nos comunicamos o noso aprezo o un polo outro e nos abrazamos nese pub. Pensei en todos eses momentos que compartimos no meu piso de estudante, entrelazados na miña cama soñando cun futuro compartido. Invadiron a miña testa todas as composicións á guitarra que che escribín, as tardes deitados nos prados do campus universitario, a tarde no que tomamos a substancia prohibida e non paramos de rir ata a noite.........
Pero agora Manuel, non te quero ver mais, estou casada, non felizmente casada, pero casada cun bo home, respectame e axúdame cando teño os brotes de esquizofrenia, grazas a el e a medicación vouno levando bastante ben. Falei de ti coa miña psicoterapeuta, e díxome que o mellor para min era non verte. Por isto che escribo esta carta, dicirche que xa non me adico á arte, era malo para á miña enfermidade, a última obra que vendín foi unha escultura que se chamaba o home incompleto, estaba adicada a tí.
Bueno Manuel, non quero que renuncies a saber de min se queres podes saber de min ao través do meu blogue, chámase o blogueando cos alteregos. FIN.
chuzame -
2008-04-22 at 10.55 am
Hai moita xente que renuncia ao que quere realmente por temor ou por que o que é outra a
cousa que se “supón” que tén que facer.
Deixar o traballo que máis che enche, deixar de estar con que mellor te comprende,
só por que te deixas levar polas normas sociais implícitas coas que contentarás aos
teus pais e a moita xente, agás a ti mesmo.
2008-04-22 at 3.54 pm
Que complexo ser. Grazas pola visita e o comentario.
2008-04-24 at 4.24 pm
poñer os pés na terra é algo que doe, pero ó que case todos chegamos algunha vez na vida. e hai veces que non queda máis que renunciar ó romanticismo para vivir… pero eu non estou segura ainda de que compense. xa falaremos nuns anos, a ver.
2008-04-28 at 12.55 pm
Moitas grazas pola visita noa. Cecais deberemos “capear” a realidade
para vivir de xeito máis coherente posíbel con noso verdadeiro “eu”.
Non si ?
2008-04-28 at 4.18 pm
Quero respostar a ese ¿non si?
Por suposto
A realidade está ahí, míraa a través do espello axeitado e xa me contarás.