Dío karallo, dío!
Verba inseguramente segura sae da súa boca,
Mentres ao saír, as veces, dáse conta,
Que aínda que non o poda deter,
Ao misturarse co espazo, esa verba,
MENTE.
Di que non cando o seu corpo di si,
Di que si cando os seus ollos din non,
E nesa histeria verbal, VITAL,
Escapa e corre cara a diante,
Agora no seu refuxio, seguro, tranquilo,
Chora, o ego nena chora,
O ego NAI lle di, que diría a xente!,
O ego "ADULTO" lle di que é o máis ético,
Porque un día máis non llo dixo,
Non lle dixo que o quería.
chuzame -