Cidadán Anónimo

2008-05-14

O Soño

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 4.30 pm

 camhqg75.jpg

Manuel levaba todo o día sen poder deixar de pensar en Ana, non se falaba con ela dende había máis de cinco anos, pero tivera un soño ela estaba espida e achegouse a Manuel que estaba tumbado nun sofá foille baixando os pantalóns, os calzóns,quitoulle os calcetíns, quitolle a camiseta  ata deixalo espido de todo, ela baixiña e coas súas formas redondeadas, co seu cuiño respingón mirouno de pé antes de tumbarse riba del frotando o seu corpo, que para os seus case corenta anos todo hai que decilo aínda estaba ben. Nun dos rozamentos penetrouna como quen non quere a cousa, involuntariamente. O soño fora tan real que dende que espertou Manuel non puido pensar noutra cousa. Nunca pasara nada con Ana fóran bos amigos, é certo houbo algún que outro desexo por ambas partes pero non pasou do maxín e da linguaxe non verbal. Logo casaron, Manuel cunha curmá de Ana que por certo ela mesma lle presentara e Ana cun "homus idiotus" como lle gostaba a Manuel chamalo, porque era máis simple que o mecanismo dun chupete e ao que o único que lle interesaba eran os avances na tecnoloxía. Os anos foron pasando, e a relación enfriouse porque Ana cambiara demasiado transformárase nunha opositora a pequena burguesa cuxo único interese era decorar o seu duplex cada x tempo e Manuel, Manuel era un desastre de home, seguía anclado na utopía, un Peter Pan da vida, o seu problema é que non cambiaba e este mundo non estaba feito para el.

O caso é que todo día pensa que pensa no soño o que lle produxo varias ereccións espontáneas, pero tamén lle produxo a necesidade de pensar no significado do mesmo, de porque soñara dun xeito tan realista unha relación sexual cunha persoa á que na actualidade aborrecía, porque representaba todo o que el detestaba, polo que decidiu consultar diversos libros de autoaxuda que lle fixeron chegar a unha conclusión que non lle gostaba nada que ao mellor estaba a proxectar en Ana todo o que el detestaba de si mesmo, e que en realidade lle seguía gostando, que a seguía a desexar.

Manuel estaba desconcertado. Pensou, bah tonterías.
Esa noite fixo o amor coa súa muller, pero coa luz apagada.

Chuzame! chuzame -

5 Responses to “O Soño”

  1. Mer Says:

    Éche boa verdade que do amor ao odio hai un paso.

    Pensas que odias a alguén que algunha vez foi importante, velo un día máis e daste
    de conta de que só te estabas a mentir a tí mesmo, non podes facer outra cousa
    máis que amalo pero deixalo ir, a razón diche que é o mellor para os dous e ¿a quen
    facer caso? ¿ao corazón ou á razón?

  2. Cidadananonimo Says:

    As veces estamos rodeados de multitude de “proxecíóns” e deberíamos intentar
    ver a realidade dun xeito mais “obxectivo”

  3. Beluka Says:

    Aínda non houbo quen puidera controlar os soños… nin quen puidera ceder á verdadeira paixón. Gustoume moito.
    Por certo, moitas grazas polo teu comentario :)
    Bo xeito de descubrir o teu blog, engádote aos favoritos.
    Apertas!!

  4. Mer Says:

    O amor nunca é obxetivo, cada un ve as cousas como as sente, como quere que sexan,
    normalmente desvirtuadas ata que encaixen completamente no seus desexos.

  5. Cidadananonimo Says:

    A verdade é que non usei a verba acertada “obxectivo” quería dicir
    máis auténtico menos proxectado nenos noso, e aceptar á outra persoa máis
    como ela é, como realmente é e non unha proxección do neso ego nas outras
    persoas, quería refirirme a iso mais concretamente coa verba “obxectivo”.
    Grazas por comentar Mer, polo menos así podo correxirme. Un abrazo.

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress