Cidadán Anónimo

2008-05-27

Dío karallo, dío!

Publicado na categoría: apoemas — xanninguen @ 5.02 pm

images.jpg 

Verba inseguramente segura sae da súa boca,

Mentres ao saír, as veces, dáse conta,

Que aínda que non o poda deter,

Ao misturarse co espazo, esa verba,

MENTE. 

Di que non cando o seu corpo di si,

Di que si cando os seus ollos din non,

E nesa histeria verbal, VITAL,

Escapa e corre cara a diante,

Agora no seu refuxio, seguro, tranquilo,

Chora, o ego nena chora,

O ego NAI lle di, que diría a xente!,

O ego "ADULTO" lle di que é o máis ético, 

Porque un día máis non llo dixo,

Non lle dixo que o quería.

Chuzame! chuzame -

One Response to “Dío karallo, dío!”

  1. Mer Says:

    Moi triste, moito.

Leave a Reply

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress