A tirita
- Véñote deixar este documento pedro, e de paso entrar no teu despacho para pórme unha tirita que estes zapatos estánme a matar coas vexigas.
- Pasa, entra.
Deume moita conversa mentres quitaba o zapato e puxo a tirita no pe (escea totalmente inocente e cheo de naturalidade que a min pareceume erótica), pero eu non estaba moi falador, tiña o día cargado de melancolía e parecía un saco baleiro de ledicia. Ela non tiña presa en irse, pero eu, maldita sexa non tiña conversa para darlle, foise.
Cantas veces desexei ter este tempo, e hoxe o desaproveito.
- Ben, déixote vou seguir cos recados.
- Chao, e coida ese pe.
Levo todo o día mirando os envoltorios da tirita que están no lixo.
chuzame -