Cidadán Anónimo

2008-06-18

A danza

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 1.32 pm

images1.jpg 

Ela danzaba toda pintada de cor ocre no medio deses homes de cor espidos coa lanza na man.

 Estaban en círculo ao redor do lume, os seus egos xa non existían, eran unha unidade en si mesma.

 Non sei que me daba vela, estaba en extase, non se percatou que a estaba a mirar. Senteime e mirei o ritual dende a colina, berraban, berraban moi forte e de cando en vez facían movementos lascivos coa cadeira.

Ao primeiro sentínme incómodo, a miña mente occidental non era quen a comprender moi ben o que estaba a ocorrer, pero ao cabo duns minutos o meu pe movíase ao compás dos tambores.

Entón foi cando viu unha rapaza da tribu e me deu esa brebaxe que sabía a raios, e ao cabo duns minutos estaba espido bailando no círculo, seino porque mo contaron, porque para ser sinceiros eu xa non me lembro.

Dende ese día nada foi igual.........

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “A danza”

  1. mer Says:

    pasoume o mesmo a primeira vez que tomei a pócima máxica, é porque bebeches demasiada
    cun pouquiño menos bailas o mesmo pero despois acórdaste

    un bico

  2. Marinha de Allegue Says:

    As pócimas máxicas sonche así hai que controlalas dosis…

    Beijosssss.
    ;)

Leave a Reply

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress