Cidadán Anónimo

2008-06-30

A tirita

Publicado na categoría: Un contiño — xanninguen @ 6.29 pm

tirita.jpg 

- Véñote deixar este documento pedro, e de paso entrar no teu despacho para pórme unha tirita que estes zapatos estánme a matar coas vexigas.
- Pasa, entra.
Deume moita conversa mentres quitaba o zapato e puxo a tirita no pe (escea totalmente inocente e cheo de naturalidade que a min pareceume erótica), pero eu non estaba moi falador, tiña o día cargado de melancolía e parecía un saco baleiro de ledicia. Ela non tiña presa en irse, pero eu, maldita sexa non tiña conversa para darlle, foise.
Cantas veces desexei ter este tempo, e hoxe o desaproveito.
- Ben, déixote vou seguir cos recados.
- Chao, e coida ese pe.
Levo todo o día mirando os envoltorios da tirita que están no lixo.

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “A tirita”

  1. Mer Says:

    As oportunidades son coma os amenceres, se esperas demasiado, pérdense.

    Por fortuna, mañá haberá outro amencer… ademáis hai oportunidades que se poden
    intentar provocar: regálalle uns zapatos, necesitará outra tirita.

    Un bico.

  2. A Conxurada Says:

    Todas as oportunidades teñen que ser aprobeitadas….como dicía non sei quen, e mellor arrepentirse dalgo que fixeches que de algo que non fixeches.

  3. Cidadananonimo Says:

    Concordo totalmente con ámbalas dúas. O caso pero para moitas persoas é máis doada a teoría que a práctica.

Leave a Reply

Outro habitante da Blogaliza correndo WordPress