Para ti.
Achégase o 25 de xullo e o espero con impaciencia,
Mon porque sexa o día da patria non,
Máis ben porque ese día decidín amar,
Ti es a única persoa a quen lle podo agasallar unha posta de sol,
Na cruz de San Román,
Unha ilusión disfrazada de utopía,
Unha aperta envolta de melodía,
Non Rien de Rien...
E como non uns bicos,
Sabor a cereixa e mel dos Ancares.
Ti xa me entendes,
E se un día chegas aquí,
A este blogue por casualidade,
Que saibas que todo é ficción,
Todo é mentira,
Excepto este posto.
chuzame -
2008-07-18 at 8.21 pm
Non hai mellor patria ca esa.
2008-07-21 at 11.07 am
Fermosa declaración
2008-07-21 at 1.38 pm
Concordo totalmente co da patria Doutora Seymou, e grazas polo de fermosa declaración
Conxurada.
2008-07-22 at 3.01 pm
Ía poñer o mesmo que a conxurada, e de certo vouno poñer FERMOSA DECLARACIÓN.
e IRRESISTIBLE DECLARACIÓN se chega á súa meta.
Unha aperta.
2008-07-26 at 4.45 pm
Fermosas e tenras palabras…
Unha aperta no día despois da Patria Galega cidadán anónimo.
